Comarcas Galicia

O Parque Empresarial Val do Tea, sen perspectivas de futuro

Unha pregunta cunha clara resposta. Á demanda no Parlamento feita polo BNG preduntando cal é a situación actual do Parque Empresarial Val do Tea, en Ponteareas, e sobre as súas previsións de futuro, o director do Instituto Galego de Vivenda e Solo respostou que se está facendo “un estudo de demanda do solo industrial”. Segundo os nacionalistas o problema de fondo na demora da súa posta en marcha non ten nada que ver cunha mala tramitación senón co feito de que “chegou o comandante e mandou parar todas as actuacións de solo empresarial previstas polo bipartito”, denunciou o deputado Henrique Viéitez.

Desenvolver este parque empresarial é unha grande oportunidade para Ponteareas, xa que xeraría emprego e riqueda na zona. O anterior proxecto sectorial planificaba 800.000 metros cadrados de chan empresarial e 30 millóns de euros de investimento.

También te puede interesar