_agenda Agenda

Vigo dende o principio dos tempos

Máis de 200 persoas percorreron a semana pasada os lugares máis emblemáticos da cidade debullando os segredos da historia da cidade. Por iso hoxe, co sol raiando no ceo, nada mellor que estrear a fin de semana participando na segundo percorrido de ‘Vigo: a ruta da historia’, que sairá dende O Castro ás 11 horas.

Esta ruta permite visitar elementos sobranceiros do patrimonio vigués, como o poboado castrexo de O Castro, no que se pode comprobar os traballos de recuperación levados a cabo, así como o pazo de Arias Taboada, no que se atopa a Pinacoteca da cidade. O percorrido tamén inclúe o Banco dos Contos, no que quedaron ao descuberto o lugar no que os comerciantes facían as contas das vendas no mercado do Paseo de Granada.

Tamén se visitarán os pazos nos que grandes familias da cidade, como a de López Araúxo ou Bárcena, tiñas as súas vivendas, así como o edificio Montenegro, no que estaba ubicada a imprenta Compañel, na que en o 17 de maio de 1963 se publicou ‘Cantares gallegos’, de Rosalía de Castro. A praza de Almeida, con dúas construcións significativas dos séculos XV e XVI, o edificio do antigo Concello, hoxe Casa Galega da Cultura, son outros dos elementos históricos que configuran o percorrido.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.