RGPD - Cookies
Deportes Vigo al día

O balonmán toma a cidade

Duvi/Mesas redondas, conferencias e talleres cun só punto de mira: o balonmán. Con 154 inscritos, o III Congreso Internacional de Balonmán abre as súas portas ata o vindeiro 10 de abril para formar aos mellores monitores da man de relatores relacionados co sector de recoñecido prestixio nacional e internacional. O obxectivo: crear un foro de debate e análise e “propiciar un lugar para a formación e o desenvolvemento dos adestradores”. Por iso nesta edición do congreso non haberá soamente conferencias, senón que se abre un oco a actividades como a análise de partidos de alto nivel, que desta volta serán en directo, xa que este traballo levarase a cabo sobre as semifinais e final da Copa do Rei que se está a disputar estes días no Pavillón das Travesas.

También te puede interesar