Comarcas

Salvaterra agarda a súa nova escola infantil

Agora que a nova escola de educación infantil está en marcha, o BNG de Salvaterra quere que o Goberno municipal dea un pasa adiante para obter “unha escola de calidade e que dea servizo á demanda dos veciños”: quere datos de situación, prazos e orzamentos.

Este novo proxecto é unha demanda popular, xa que os veciños recolleron máis de 500 sinaturas para pedir unha adecuada cobertura do servizo, xa que a actual escola infantil non ten capacidade para dar cobertura ás necesidades reais “obrigándolles a desprazarse a outros concellos ou mesmo a Portugal”.

También te puede interesar