RGPD - Cookies
Comarcas Galicia

Redondela busca solucións ao Grumir noutros concellos «un pouco tarde»

A piques de chegar o verán e de rematar o mandato o Goberno municipal de Redondela está a visitar outros concellos na busca de «ideas» para atopar unha solución ao problema do Grumir. «Parécenos unha falta de seriedade e responsabilidade . Con esta actitude Reguera está a admitir que ao longo destes últimos 8 anos nos que estivo ao fronte desta área permaneceu de brazos cruzados e foi agora cando reaccionou ante un problema que arrastra desde hai tempo atrás. É unha acción puramente partidista e electoralista», asegurou Alberto Pazos, portavoz do PP local.

Segundo os populares, isto pon de relevo a desorganización e descoordinación deste grupo de intervención rápida no concello, ademáis de ser inapropiado o feito de «ir a compararse con municipios como O Grove ou A Estrada, que non se parecen en nada nin entre eles ni con Redondela». O PP local quere resaltar ante os redondeláns “unha realidade que xa non se pode agochar máis, cando é o propio responsable e concelleiro da xestión deste servicio o que coa súa actuación recoñece a súa falta de ideas e de eficaciaA todo isto súmase a dúbida de que se o señor Reguera ten que andar pedindo indicacións noutros concellos sobre qué ten que facer, pódese pensar que ata o de agora actuaba de xeito totalmente arbitrario, co que no canto de arranxar os problemas o que fixo foi enredar e complicar a situación do Grumir, ata chegar ao extremo no que nos atopamos a día de hoxe. Ninguén pode facer nun mes o traballo que deixou de facer durante anos”, conclúe Pazos.

 

También te puede interesar