Vigo al minuto

O turismo de congresos deixará en Vigo case 22.000 euros ao día

Vai camiño de converterse no terceiro sector da cidade, por iso é tan importante mimar ao turistas que se achegan ata Vigo. A razón son o volume de negocio que xeran: segundo un estudo do Grupo Eventoplus, 8 millóns de euros durante este ano 2011. E é que o turismo de congresos, eventos ou deportivo está traendo moita xente ata a cidade: 1.500 persoas estarán esta fin de semana para gozar da Copa do Rei de Balonmán.

O informe tamén recolle que, a pesares da diminución do orzamento, o turismo de eventos crecerá este ano na cidade. Iso a pesares de que as empresas baixaron o seu diñeiro un 4%, mentres que axencias e proveedores incrementáronno un 9 e un 2%, respectivamente. O segredo está na redución dos extras, nun menor gasto en luxos e na realización de eventos nun ratio máis próximo e durante menos tempo.

Aos seus 18 meses de vida, o Vigo Convention Bureau traballa en colocar a Vigo como destino líder neste tipo de turismo, sobre todo agora que xa está operativo o Auditorio-Pazo de Congresos. Mercados como Alemaña, Francia, Gran Bretaña, Estados Unidos, Brasil, India ou China terán o futuro nas súas mans.

También te puede interesar