Vigo al minuto

O PP acusa a Caballero de non crear emprego e o alcalde anuncia a convocatoria de oposicións

O Partido Popular  acusou este luns ao alcalde de ser o culpable de que no seu mandato hai 13.530 vigueses máis en paro e que este chegou ás 31.321 personas dende 2007. Os populares aseguran que este feito amosa que o Plan E non xenerou emprego e sinalan que Abel Caballero, “lonxe de pendurar o cartel de pleno emprego coma prometeu na campaña electoral de 2007” despilfarrou os 90 millóns que recibiu do Estado en obras improductivas. O PP asegura que “a este alcalde non lle preocupan os cidadáns para os que debe gobernar e etá máis preocupado de gastarse os cartos de todos en propaganda electoral”.

Pola súa banda, o alcalde asegurou que o goberno local ten en marcha unha oferta de emprego actual para crear 500 postos de traballo. Abel Caballero anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a resolución para ofertar a terceira tanda orrespondente á oferta de emprego municipal de 2008, 32 novos postos de traballo que en total ascenderán a 157 en toda a convocatoria.
Xunto á oferta de emprego público de 2008, engadiu, que o goberno local tamén ten en marcha a de 2011, que sumarán outros 74 postos de traballo, e a contratación do UTIL que empregará a unhas 200 persoas máis.
“Neste momento están en creación aproximadamente quinientos empregos na cidade de Vigo“, subliñou Caballero, quen reclamou da Xunta de Galicia que “fixera algo semellanteporque hoxe en día non hai proceso autonómico de emprego na cidade, denunciou.


 

También te puede interesar