RGPD - Cookies
_agenda Agenda

Históricos do Celta golearán no Auditorio

Pola gran cantidade de público asistente que se espera, se entende, sobre todo sendo a entrada de balde. O Auditorio Municipal acolle mañá (20:30 horas) a estrea do documental ‘Rodilla’, unha curtametraxe dirixida por Juanjo Jiménez que acaba de gañar o Proxecto Curtametraxe do Cinema Jove de Valencia na que se recolle a historia do ex xogador do RC Celta Fernando Rodilla. Para rematar o acto, un coloquio co propio Rodilla e con dous históricos do club vigués: Vlado Gudelj e Patxi Salinas.

A traxectoria de Rodilla, que comezou nas categorías xuvenías do Celta e que chegou ao primeiro equipo en 1970, servirá de fío conductor ao documental do director catalán, no que o personaxe principal empéñase en completar o seu vello álbum de cromos de fútbol da tempada 73/74 e busca desesperado a foto do dianteiro vigués, a única que lle falta. Unha historia real, xa que foi o que lle aconteceu a Jiménez cando tiña apenas seis anos.

También te puede interesar