Deportes

Galicia non deixa títere con cabeza no Open de Arrigorriaga

Arrasou. A selección galega sigue batendo récords e acadando resultados históricos no Open de Arrigorriaga, no que conseguiron 28 medallas: 10 ouros, 8 pratas e 10 bronces. Ademais, Miguel Martínez foi elixido mellor competidor e Gerardo Ortiz recibiu unha mención como mellor técnico do campionato. 

E iso que a Federación Galega de Taekwondo acudiu ao Open, que é para a categoría júnior, cun equipo mixto, formado por 24 deportistas da categoría júnior e 16 do último ano de cadete, para darlle unha oportunidade a competir a un nivel superior a estes últimos. Os rapaces galegos responderon a un altísimo nivel conseguindo esas 28 medallas e ademais houbo catro finais galegas, polo que os resultados foron os mellores da historia neste Open, ao que a Federación Galega acude regularmente para seguir nesa liña de darlle a oportunidade aos seus deportistas de competir ao máis alto nivel para mellorar a súa formación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.