Galicia Vigo al minuto

Capear a crise dialogando

Preto de medio cento de persoas en contra dos plans de redución de salarios e do incremento da flexibilidade. Ese foi o resultado da concentración esta mañá ás portas do Clúster de Empresas da Automoción de Galicia (Ceaga) para rexeitar a precarización das condicións laborais do sector e reclamar ante a patronal que se constitúa unha mesa de diálogo na que estean todos os axentes implicados.

A base para esta petición é que os países cos salarios máis baixos, con menores garantías de dereitos no traballo e con máis precariedade son os que acusan unha maior recesión e destrúen máis emprego. Por iso mostranse en contra da reducción por convenio dos salarios para o persoal de novo ingreso.

También te puede interesar