Curiosidades Galicia

O ‘Cuponazo’ repartirase nas illas Cíes

Atento ao sorteo do cupón da ONCE do vindeiro 3 de abril. Pode que non traia sorte, pero polo menos repartirá a imaxe das illas Cíes por toda España. O Parque Nacional Illas Atlánticas será o protagonista dos décimos para ese sorteo, ilustrados cunha fotografía aérea na que se pode apreciar a Praia das Rodas, considerada unha das de maior beleza paisaxística. O cupón, enmarcado nunha serie de 14 cupóns dedicada aos Parques Nacionais, levará a data na que declarouse parque nacional, o 1 de xullo de 2002.

En total emitiranse 5 millóns de billetes, unha iniciativa coa que se espera contribuír a proxección do Parque a nivel nacional, atraendo a un maior número de persoas a Galicia. Unha das características que comparten algúns dos Parques Nacionais que compoñen esta serie de cupóns é a de integrar algúns sistemas de accesibilidade que permiten ás persoas con algún tipo de discapacidade gozar da natureza nas mesmas condicións que o resto do público.

También te puede interesar