RGPD - Cookies
Galicia

Chuvia de euros para dar pulo ás empresas

58,5 millóns de euros. Ese é o orzamento que porá a Consellería de Economía e Industria para o financiamento de novos investimentos empresariais e para apoiar iniciativas orientadas á mellora da competitividade empresarial a través do incremento da súa capacidade innovadora. O Igape porá en marcha dous programas de empréstitos directos para 2011 dotados con fondos do Banco Europeo de Investimentos destinados a apoiar o financiamento de proxectos con viabilidade técnica e comercial que poden presentar riscos de implantación superiores aos habituais.

Os préstamos, pensados para financiar investimentos de entre 240.000 e 25 millóns de euros, poderán ser concedidos a un prazo de ata 12 anos con ata 4 de período de carencia. O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria rematará o próximo 29 de xuño. O programa Innoempresa desenvólvese a través de tres liñas básicas de actuación: innovación organizativa e xestión avanzada, innovación tecnolóxica e calidade e proxectos de innovación en colaboración.

También te puede interesar