Deportes Destacados

O sénior masculino do Seis do Nadal logra o ascenso

O Sénior Masculino do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia conseguiu o ascenso á División «A» da Liga Zonal DVB Sénior Masculina despois de superar o cruce de semifinais ante Salesianos. O partido de ida rematou con vitoria do equipo do Seis do Nadal cunha vantaxe de oito puntos (57-49), oito puntos de diferenza que foron de gran importancia na volta do cruce de semifinais celebrado no Colexio Salesianos.

A primeira parte do partido de volta foi unha réplica do encontro disputado na pista do Colexio Seis do Nadal, dous períodos de gran igualdade entre ambos equipos na pista e cun constante intercambio de canastras co que se chegaba ao descanso co combinado de Salesianos por diante do Seis do Nadal – Coia (32-31).

Reanudado o encontro, o terceiro dos períodos comezou cun importante parcial a favor de Salesianos que conseguía anotar canastras fáciles aproveitando os erros defensivos e a falta de acerto do equipo visitante. Un parcial de 20-13 no terceiro período e un marcador que reflexaba un 52 a 44 levaría á prórroga a ambos equipos a falta do decisivo último cuarto.

Os dez xogadores que iniciaban o cuarto período sabían que todas as accións serían de gran importancia para conseguir o ascenso e a praza na final do Campionato Zonal. O equipo de Salesianos continuaba co seu excelente xogo desenvolto no terceiro período e o conxunto de Coia seguía sumando sen alonxarse máis dos oito puntos de diferenza.

Chegaban os últimos minutos do encontro e o conxunto de Salesianos gañaba por once puntos (66-55). Tras saír do tempo morto pedido polo equipo visitante e con posesión para os xogadores de Salesianos, que veían o ascenso máis preto, cambiou a tónica establecida ao longo da segunda parte. Un balón perdido por Salesianos foi culminado polo Seis do Nadal cun triple que, de novo, empataba a eliminatoria.

Tralo triple o Seis do Nadal – Coia «camiñou» cara o ascenso. Un tiro non convertido por Salesianos foi aproveitado polos xogadores «nadalistas» para crear un rápido contraataque que rematou en canastra (66-60). Con menos de seis segundos para o remate da semifinal, un robo lle devolveu o balón ao Seis do Nadal que anotou un dos tiros libres dunha falta.

O encontro de volta das semifinais rematou cun marcador de 66-61 a favor de Salesianos que xunto ao 57-49 conseguido no partido de ida, convertía ao Seis do Nadal – Coia no equipo que conseguía o ascenso á División «A» da Liga Zonal Sénior Masculina e nun dos equipos que xogaría a final da liga.

O cruce de semifinais rematou con vitoria para o Seis do Nadal Coia tras oitenta minutos dun gran xogo por parte de ambos equipos, dun gran esforzo por parte de tódolos xogadores e dunha gran dirección desde as áreas técnicas, dos que foron testigos unha gran cantidade de seguidores así como de membros do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.