Destacados Vigo al día

Flores baixo a auga para homenaxear aos que levantaron a cidade

Peculiar en todo, orografía, paisaxe, un perfil debuxado por naves e edificios e unha xente cun carácter animoso, activo, inquedo e amable. Así é Vigo, que hoxe quixo rendir homenaxe aos heroes que derramaron o seu sangue para liberar á cidade das tropas napoleónicas alá polo 1809, persoas que co seu traballo e sacrificio levantaron “unha cidade viva dinámica, rica, pero tamén aberta, solidaria, humana. Moitos non eran vigueses de nacemento, pero si de corazón. Esa é unha das grandes virtudes desta cidade, a súa capacidade para aniñar na alma dos que chegan.

Un orgullo que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, puxo de novo en boga coa lectura do Bando do Día da Reconquista, escrito nesta ocasión polo presidente do Real Club Celta de Vigo, Carlos Mouriño, un bando que comparaba a loita da cidade por crecer coa do Celta, chea de ledicias pero tamén de moitas tardes de sufrimento. Porque se Cachamuíña antepuxo a liberdade á súa propia vida, Quinocho fixo o mesmo polo club que levaba no corazón.

Coa ofrenda floral na Praza da Indepencia, á que asistiron numerosas personalidades políticas da cidade á pesar do mal tempo, o cidade quixo volver a pór sobre a mesa os valores de fidelidade, lealdade e valor que impediron que “as adversidades, os contratempos, dobregasen a esta cidade, en apariencia dispersa, inconexa, pero que cando resulta ferida mostra a súa unidade”, sen fisuras nin egoísmos. Unha cidade vencellada ao mar que foi creando os seus acenos de identidade como unha urbe solidaria e aberta que acolleu á xente emprendedora de moitos lugares. “Vigo é unha cidade de acollida que se enrosca no corazón dos seus visitantes cunha forza inusitada”, recordou Caballero.

Por iso, o mellor tributo que se lle pode render aos que loitaron polo futuro da cidade é avanzar sen descanso e “crear unha cidade máis viva, próspera e humana”. “Vigo crece tan rápido que apenas dá tempo a moldealas pero iso é o que a fai distinta, única. Cambia a súa maquillaxe cada día, pero mantén a súa mirada amable, optimista e sempre directa. Vigo mira aos ollos de que chega. E conquistao”.

También te puede interesar