Deportes Galicia

Andrea Rica e Fani Hernández, de cabeza ao Mundial

Quince medallas en cadete, cinco en técnica e ouros para Lúa Piñeiro e Fani Hernández. Ese é o balance da participación galega no Open de España celebrado esta fin de semana en Alacante, onde Andrea Rica e Fani Hernández acadaron a clasificación para desputar o mundial de Corea logo de eliminar á tamén galega Katia Calvar.

Mentres Hernández logrou a clasificación gañando ouro no seu peso, Calvar e Rica, que non conseguiron chegar moi lonxe no Open, disputaron a clasificación nun combate a morte entre as dúas taekwondistas. Nesta preselección quedou fóra nos últimos segundos Lúa Piñeiro a pesares de gañar o Open de España despois de gañar cinco combates e deixar no camiño a grandes rivais.

O resto da expedición

Pola súa banda, a selección galega cadete, con 39 deportistas desprazados, acadou 15 medallas no campionato de Alacante: 3 ouros, 4 pratas e 8 bronces cos que se proclamaron campiones por equipos da categoría.

A selección galega de técnica acadou cinco medallas: o ouro en máster 2, mentres que en trío 2 masculino conseguiu unha medalla de prata. Os tres bronces chegaron en júnior feminino, master 1 masculino e trío 1 feminino. Na categoría júnior tamén houbo medallas para as e os competidores galegos, en total tres bronces.

También te puede interesar