Comarcas Galicia

A Área Metropolitana sigue adiante tras superar 250 alegacións

Unha das reunións mantidas.
Unha das reunións mantidas.

Máis de 250 alegacións de 18 entidades de varios sectores, como concellos, asociacións veciñais, federacións profesionais ou administracións públicas. Son as que obtivo a lei de creación da área metropolitana de Vigo, que unha vez incorporadas as demandas aceptadas continúa coa súa tramitación para tentar ser aprobada polo Consello da Xunta e ser remitida ao Parlamento galego nos primeiros seis meses do ano.

O novo texto integra a meirande parte das alegacións, aínda que no seu momento tamén se lle engadiron as achegas feitas dende os concellos e dende a Universidade de Vigo. O borrador presentouse aos alcaldes o pasado 25 de novembro e o seu ámbito territorial final abrangue a 14 concellos (Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Soutomaior e Vigo), aínda que non se descartan ampliacións no futuro.

 

También te puede interesar