Vigo al minuto

A ETEA pasa do ‘firmees aíng!’ a ter un paseo marítimo e ecolóxico

Ese foi o cambio que deu a antiga Escuela de Transmisiones de la Armara (ETEA), que dende hoxe ten un novo paseo marítimo e ecolóxico. A súa inuaguración concidiu este venres, antenúltimo día no que os candidatos ás Eleccións Municpais poden presidir ou acudir a este tipo de actos, coa apertura do edificio da antiga conserveira Garavilla, no barrio de Teis. En total, o Concello investiu nas dúas obras preto de 1.300.000 €. No acto, o alcalde subliñou que a pasarela era unha “demanda histórica desta cidade” , despois de permanecer tanto tempo pechada e lembrou que “fai un ano” que o Concello abriu a ETEA e agora está “de forma permanente” para uso cidadá.

Pola súa banda, a rehabilitación da conserveira Garavilla, que será destinada a usos socioculturais.e parte das actuacións que se están a levar adiante nesta parte da cidade e da que forman parte as praias de A Lagoa, Mende, Rios e Manquiña e os parques de Riouxa, Barrio das Flores e A Guía, e anticipan á reforestación de A Guía e a apertura das instalacións deportivas da ETEA, dentro dun mes.


También te puede interesar