Comarcas Galicia

200 cesións para que o río Caselas atopara o seu propio camiño

Foron necesarias a cesión de terreos de case 200 propietarios para que agora todo o municipio poida gozar dunha senda á beira do río. Os veciños de Salceda inauguraron hoxe cun paseo a nova senda do río Caselas, que vai dende As Pontes en Santa María ata o Rubal, en Picoa. O camiño, de algo máis de dous quilómetros de lonxitude, pasa por catro muíños recentemente restaurados e que forman parte do Parque etnográfico dos Muíños de Caselas e por tres áreas recreativas. E mentres os veciños disfrutan do novo paseo, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil xa comprometeu outros 150.000 euros para amplialo dende As Pontes ata As Ribeirias.

También te puede interesar