Galicia

Nanas e unha escolma de nomes para colaborar coa chegada dos bebés… pero en galego

Animar aos pais e nais a introducir o galego na comunicación cos seus fillos dende o primeiro momento. Ese é o principal obxectivo do cartafol ‘Xeración dos Axóuxeres’, unha iniciativa posta en marcha por Política Lingüística pensada para acompañar ás parellas embarazadas durante o derradeiro tramo do embarazo. Para iso repartirán ás mulleres que se atopen no derradeiro trimestre do embarazo e a través das matronas 10.000 maletíns cun disco de nanas, unha tarxeta onde anotar os momentos máis especiais vividos durante o embarazo, un repertorio de recitados e de xogos de iniciación, unha escolma de nomes galegos, un adhesivo para o coche e un babeiro co lema ‘Comer e falar todo é empezar!’.

Pero todos os pais poden acceder aos materiais do cartafol a través da web. E os que se animen a compartir a experiencia vivida na crianza dos seus fillos poden colgar as súas anécdotas máis divertidas na aprendizaxe da lingua, os nomes cariñosos que empregaban os avós para falar cos seus netos, as preguntas máis curiosas ou os libros que máis lle gustan a través da rede.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.