RGPD - Cookies
Cultura

70 actuacións, 23 escenarios, 15 compañías: benvido a Vigo a Escena

Unha actividade cultural totalmente descentralizada. É o que acada Vigo a Escena 2011, que propón un total de 23 espazos diferentes que acollerán ata 70 representacións de 15 compañías teatrais, 13 profesionais e 2 afeccionadas (Teatro Avento e Agarimo). Non quedará sen barrio ou parroquia que percorrer: ademáis dos auditorios das asociacións veciñais e culturais de Vigo, haberá actuacións no paraninfo do IES Santa Irene e no Auditorio Municipal.

Na súa XIV edición, o festival arranca esta fin de semana co ‘Cinderella Mix’, unha obra que Artello-Teatro levará ao escenario SCD Atlántida de Matamá (sábado 26, 20 horas), pensada para o público familiar. O domingo (18:30 h) será a quenda das actuacións para público familiar, cunha primeira actuación no CC Beade, ’69’, de Arela das Artes.

También te puede interesar