Galicia Vigo al minuto

Sen pistas sobre os pretendentes de Alfageme

Xa non teñen máis paos que tocar despois da infructuosa reunión mantida onte con director do Igape en principio para atopar unha solución aos problemas que se cinguen sobre Alfageme e, por conseguinte, sobre os seus traballadores. Por iso, preto de 150 empregados da conserveira das plantas de Vilaxoán, O Grove, Ribadumia e Vigo se manifestaron esta mañá diante da Xunta para denunciar a falta de información e a “nula implicación” deste organismo no conflito laboral iniciado pola entrada da compañía en lei concursal.

Os representantes dos traballadores non teñen ningún dato sobre as ofertas de compra existentes, a pesar de saber que hai dúas propostas enriba da mesa pero sen ter nin idea das cantidades. Nun par de días tería que facerse a luz sobre o tema. Mentres os arredor de 350 traballadores afectados da conserveira o que saben de xeito oficioso é que o Consorcio Conservero Español, con sede en Cantabria, volveu realizar unha oferta polas fábricas de Vilaxoán e Ribadumia na que se comprometen a manter o emprego e a actividade industrial.

También te puede interesar