Comarcas

O BNG, a candidatura do «compromiso social» con Salvaterra

O candidato do BNG á alcaldía de Salvaterra, Gabriel Martínez.
O candidato do BNG á alcaldía de Salvaterra, Gabriel Martínez.

Busca ser a nova cara que lidere o concello, capaz de «gobernar para todos e non só para uns poucos». Por iso o BNG acaba de poñer como cabeza de lista para as municipais de maio a Gabriel Martínez, candidato a alcaldía de Salvaterra de Miño cun equipo de igualdade, experiencia e «capacidade de xestión». Arroupado por un número importante de veciños e de membros da Executiva nacionalista, Martínez debuxou un programa electoral baseado nos «compromisos de cambio e xestión política para o futuro. Emprego, o plan xeral, os servizos sociais e a educación serán os eidos centrais da nosa xestión», recoñeeu.

O Porto Seco como xerador central de emprego ou o apoio ao comercio local ou ás iniciativas económicas baseadas nos recursos forestais e agrarios son algunhas das iniciativas que tentarán pór en marcha. «O BNG ten propostas para o sector do viño e para a horta e apoiará un turismo rural de calidade, aproveitando recursos como o río Miño, a proximidade a Portugal, a gastronomía, o potencial do viño e o noso riquísimo patrimonio cultural”, asegurou o candidato do BNG de Salvaterra.

Unha das prioridades do BNG é o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), afirmaba rotundamente “fomos os que pulamos polo Plan Xeral e seremos nós os encargados de redactalo a partir de maio”, tendo en conta á sociedade. Outra das grandes prioridades do goberno do BNG é o benestar dos veciños e veciñas, especialmente dos maiores: “Traballaremos arreo na posta en marcha de novos servizos sociais de calidade, como unha nova escola infantil, o centro de día, a mellora nos servizos de transporte, a atención os dependentes e discapacitados, e na dinamización das parroquias».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.