Comarcas

O PP de Redondela acusa ao goberno local de empregar o Día da Muller de xeito partidista

O Partido Popular de Redondela escusou de apoiar o manifesto elaborado con motivo do Día Internacional de Muller pola Concellería de Igualdade ao considerar que o seu contido “é en exclusiva un ataque ao goberno autonómico do PP, e por extensión ao noso partido en Redondela”, asegura Teresa París, secretaria de Comunicación dos populares redondeláns.

No corpo deste manifesto, sinala a responsable popular, « existen referencias ao risco de involución dos dereitos da muller que estamos a vivir, unha interpretación da realidade moi sesgada e que a día de hoxe, no ano 2011, semella de ciencia ficción».

Segundo os populares, o goberno local pide un Plan de Emprego Feminino, pero sen propoñer ou presentar medidas concretas, e demanda que se retire o proxecto de Lei de Familia,só porque non lle gusta” e, engade París, mencionan as axudas da violencia de xénero cando, ao seu entender, a Xunta segue mantendo as partidas, sen recorte algún, mentres o Concello de Redondela non aprobou máis investimentos nos orzamentos de Benestar para axudar a estas mulleres e ás súas familias.

Para Teresa París, a sinatura deste manifesto” non significa un apoio á muller, senón o apoio a unha lista de cuestións que politicamente consideran correctas os señores e señoras do Goberno local”. O Partido Popular de Redondela demanda políticas de igualdade e da muller que sirvan para que se conquira a devandita igualdade e “deixar de ser cobaias na enxeñaría da ideoloxía de xénero”.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.