Vigo al minuto

Visita o Casco Vello… pedaleando

Para que ninguén se poida queixar das costas, unha das principais características das rúas de Vigo e culpables de que as viguesas teñan esas pernas de vertixe, agora tes unha alternativa, aínda que polo de momento só estará dispoñible no Casco Vello: bicicletas eléctricas. A partir do mes de abril porase a disposición dos cidadáns 8 bicis eléctricas cunha autonomía de 60 quilómetros e que se poderán empregar durante dúas horas por só un euro. O servizo completarase co bus eléctrico, que tamén entrará en funcionamento nas vindeiras semanas.

O obxectivo: facer accesible o barro en calquera das súas zonas sen ter a necesidade de recurrir ao coche particular. Para empregar as bicis haberá que solicitar unha tarxeta no Concello, que será o que se precise para pasar polo lector do sistema de recollida, ubicado diante da Biblioteca Central, na rúa Fermín Penzol. Ademais porase en marcha un sistema especial para os turistas que visiten a cidade.

You may also like