RGPD - Cookies
Galicia

Xaneiro acabou con 75 accidentes laborais ao día

Case un 21% de accidentes menos que no mes de xaneiro do ano 2010. O primeiro mes do ano pechouse con 2.349 accidentes, 614 menos que no mesmo periodo do ano anterior, dos que a maioría foron leves (98%), aínda que houbo 42 graves e 3 mortais. Por provincias, na que máis descenderon foi en Pontevedra, onde baixaron algo máis dun 32%, seguida de Ourense (con case un 20% menos), Lugo (-11,43%) e A Coruña (-9%).

O descenso foi xeralizado en todos os sectores. Os datos máis positivos proceden da construción e da industria, cunhas baixadas do 25,40% e do 24,17% respectivamente; seguidos da agricultura, cun descenso do 23,36%; da pesca, cun 20,16% e dos servizos cunha diminución de sinistros do 16,19%.

También te puede interesar