Galicia

O Castelo de Pambre, aún en mans do Pai Donaire

Pasaron case dous meses dende que Xunta e Hermanso Misioneros de los Enfermos Pobres chegaran a un acordo sobre o Castelo de Pambre: cinco millóns de euros, cinco veces máis do tasado inicialmente. Dende aquela, as partes aínda non fixeron oficial a sinatura do traspaso de titularidade. Coa venda do inmoble situado en Palas de Rei, unha herencia recibida hai dous anos, a entidade ten a mellor forma de seguir adiante coa labor social que realizan en Vigo, para a que precisan uns 20.000 euros semanais.

Segundo sinalan algunas fontes, esta demora débese á situación rexistral e as escrituras da finca, na que figuran un conxunto de terras adicionais das que hai que aclarar procedencia e levar ante notario. En ruinas dende hai anos, a venda á Xunta do inmoble podería ser unha oportunidade para que esta edificación do século XV, supervivinte da guerra dos Irmandiños, poida ser recuperado e abrir ao público de xeito seguro. Declarado Ben de Interese Cultural, nun principio as partes acordaran o pago fraccionado.

You may also like