Comarcas

O déficit nas arcas de Salvaterra crece un 400% nos últimos dous anos

Un déficit de case 889.000 euros. É o que amosa as contas do concello de Salvaterra de 2009, aprobadas en xaneiro de 2011 e que desvelan que o déficit incrementouse en case un 400% dende o ano 2008, algo que ao BNG municipal, liderado por Gabriel Martínez, “preocupa ante esta situación económica e aínda pendentes de coñecer o resultado do exercicio 2010, que tiña que estar aprobado antes do 1 de marzo”.

Segundo os nacionalistas, a estes datos hai que sumarlles a débeda que o concello ten cos bancos, que a finais de 2009 ascencía a 2,7 miññóns de euros, o que supón un endebedamento de algo máis de 278 euros por habitante. “É fundamental reducir o déficit e sanear as contas municipais”, recordan ao tempo que consideran inadmisible que o goberno en maioría absoluta de Arturo Grandal non sexa capaz de aprobar os orzamentos para este ano.

También te puede interesar