Comarcas

O déficit nas arcas de Salvaterra crece un 400% nos últimos dous anos

Un déficit de case 889.000 euros. É o que amosa as contas do concello de Salvaterra de 2009, aprobadas en xaneiro de 2011 e que desvelan que o déficit incrementouse en case un 400% dende o ano 2008, algo que ao BNG municipal, liderado por Gabriel Martínez, «preocupa ante esta situación económica e aínda pendentes de coñecer o resultado do exercicio 2010, que tiña que estar aprobado antes do 1 de marzo».

Segundo os nacionalistas, a estes datos hai que sumarlles a débeda que o concello ten cos bancos, que a finais de 2009 ascencía a 2,7 miññóns de euros, o que supón un endebedamento de algo máis de 278 euros por habitante. «É fundamental reducir o déficit e sanear as contas municipais», recordan ao tempo que consideran inadmisible que o goberno en maioría absoluta de Arturo Grandal non sexa capaz de aprobar os orzamentos para este ano.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.