Destacados Vigo al minuto

En Vigo, ata os edificios pensan en verde

16 edificios e un obxectivo: vivir unha ciudade verde. Dezaseis inmobles de Concello e Universidade de Vigo, entre os que se atopan museos e instalacións deportivas, participarán no programa europeo Life Green City, co que se pretende acadar un 20% de aforro no consumo enerxético e a redución do 10% na emisión de contaminantes. E para iso só hai unha alternativa: controlar o consumo de electricidade, auga e gas con medidores intelixentes para compilar os datos.

O proxecto, de dous anos de duración, porase en marcha en colaboración coa cidade francesa de Nantes e as empresas Vizelia, Eneas e Eurocuality. Financiado a medias entre a Unión Europea (fará frente á metade do custe cun orzamento de 1,7 millóns de euros), Universidade de Nantes e Axencia Municipal de Enerxía, os controladores instalaranse no Verbum, na Casa Galega da Cultura, nas piscinas de Barreiro e Florida, en Vigozoo, no polideportivo do Berbés, no pavillón de Navia, na Casa da Xuventude, no Museo de Castrelos, no Reitorado, na Biblioteca Central da Universidade, na zona deportiva de Lagoas-Marcosende, no polideportivo universitario do campus de Pontevedra e na biblioteca universitaria do campus de Ourense.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.