Vigo al minuto

150.000 € para cinco entidades que xestionan comedores e reparten alimentos en Vigo

O Concello ven de asinar convenios con Afán, Casa da Caridade, Vida Digna, Hermanos Misioneros e Banco de Alimentos, ás que se lles destinan un total de 150.000 €  para a xestión de comedores e reparto de alimentos.

No acto de presentación dos devanditos convenios, os responsables destas cinco entidades coincidiron en que a crise estase notando dende hai tempo en Vigo e indicaton que xa dende mediados do ano pasado experimentouse un aumento das persoas que acuden a estas entidades.

A representante de Afán dixo que mensualmente esta asociación atende aredor de 400 familias, que supoñen 1.000 persoas, entre as que se nota o aumento dos homes sós. A responsable do Comedor da Esperanza destacou o paso de 70 a 115 persoas ao día que acuden a estas instalación. Dende Vida Digna falouse de máis de 1.000 persoas na actualidade. O responsable do Banco de Alimentos sinalou que se ten producido un incremento superior ao 30%, ao pasar de 9.000 a 13.000 persoas, aínda que tamén destacou o aumento da solidariedade, tanto das institucións como das persoas particulares. Finalmente, o responsable dos Hermanos Misioneros, asegurou que esta entidade atende a máis de 1.200 persoas ao mes.


También te puede interesar