Vigo al minuto

A taxa de paro en Vigo ronda o 20%

Por iso e como rexeitamento do pacto social entre Goberno, patronal e algúns sindicatos que ataca directamente ao sistema público de pensións, a CIG organiza para este vindeiro xoves (20 horas) dúas manifestacións, unha en Vigo e outra en Ferrol. Baixo o lema ‘Contra o pacto social, mobilización! Decidamos nós sobre os nosos convenios’, o sindicato quere celebrar tamén o Día da Clase Obreira Galega cunha manifestación que da cidade olívica sairá de Vía Norte e rematará na delegación provincial da Xunta coa lectura dun manifesto.

Segundo explicaron delegados, Vigo é unha das zonas de España que máis emprego destrúe e cun maior índice de parados, aglutinando a 44.000 dos case 250.000 desempregados de toda Galicia, o 65% deles mulleres. Un dato aterrador tendo en conta que a poboación activa da cidade supera as 152.000 persoas e que hai tan só uns poucos anos o índice de paro non chegaba ao 12 por cento.

También te puede interesar