_agenda Agenda

Pasiño a pasiño para facer o camiño

Nada mellor que pasar o día de camiñata, sobre todo cando os que marchan son os rapaces acompañados de monitores. Xa está aberto o prazo de inscrición para a Pequerruta polo río Lagares e para a ruta pola Serra do Suído ao Foxo do Lobo os vindeiros 12 e 20 de marzo, respectivamente.

A ruta polo Lagares será para rapaces de 8 a 17 anos e comezará no Parque de Castrelos para chegar ata a Foz do Lagares, onde os rapaces aprenderán de xeito lúdico as características principais do río, os humedais que conviven no seu percorrido e as aves máis importantes deste hábitat. Para inscribirse hai que chamar ao 010 e facilitar telefonicamente os datos dos rapaces, ademais de entregar aos responsables o propio sábado 12 de marzo o consentimento informado antes da saída dende a Praza do Rei ás 09:45 horas. A hora de regreso, ás 14:30 horas.

Mentres, a ruta pola Serra do Suído, xa para o público xeral, é unha das rutas máis significativas pola excepcionalidade dos paraxes das que se poden gozar, ademais de polo estado de conservación dalgunha das zonas. Ao longo do tramo, os camiñantes poderán atopar marcas de numerosos animais en estado salvaxe e gran cantidade de flora autóctona dos bosques galegos. A saída, ás 09 horas, e para inscribirse é preciso chamar ao 010 ata o vindeiro 11 de marzo ademais dunha inscrición presencial no auditorio de Vigozoo o 15 de marzo (20 horas).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.