Cultura

Elas levan a batuta no Alt 2011

O seu segredo non é outro que ter moita ilusión e botarlle gañas. Grazas a iso o Alt cumpre dez anos de arte contemporánea en Vigo aínda coa crise asexando a todos os sectores, pero con especial risco á irmá pobre que sempre foi considerada a cultura nos grandes orzamentos. Por iso se cabe ten máis mérito que unha nova edición do Festival Alternativo de Artes Escénicas tome os espazos de Vigo con entradas ao mesmo prezo de hai unha década, sen un céntimo máis, porque é un espectáculo teatral, non empresarial nin comercial.

E como este ano coincide co Día Internacional da Muller nada mellor que ter un programa dedicado ás novas creadoras galegas que arrinca o vindeiro xoves cunha actuación en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo  no Marco (20 horas) e no auditorio municipal (21:30 h). Do 10 ao 20 de marzo, dez directores representantes de dez festivais estatais e intenacionais estruturaron o programa do Alt’11, que tamén contará cuha instalación no vestíbulo do auditorio municipal durante os dez días de Marco Canevacci, ‘A medusa parlante’.

A festa comezará da man de Nut Teatro no Marco o día 10 (20 horas) con ‘My own life’, seguida da actuación de Nuria Sotelo no auditorio municipal (21:30 horas), con ‘Métanse nos seus asuntos’. Aínda que se queres coñecer o programa enteiro do festival non tes máis que premer aquí.

You may also like