Vigo al minuto

A Policía Local ten orde de controlar aos asistentes aos Plenos, pero “nunca fixo chacheos”

Os colectivos que queran entrar no Pleno do Concello a expor as súas queixas terán que darlle ao maxín. O concelleiro de Seguridade deu ordes aos axentes da Policía Local que controlan o acceso ao salón de Plenos de vetar a entrada a aquelas persoas que xa participaran anteriormente en accións de protesta e de revisar bolsos e mochilas, esixir identificación e retirar calquer aparello que poda servir para facer ruido ou interromper as intervencións dos concelleiro, coma chiflos, pancartas, matracas ou bocinas. Segundo información á que tivo acceso esta redacción, a orde abrangue tamén a membros de colectivos cidadás, representates sindicais e veciños que xa expresaran algunha queixa.

Os axentes dispoñen de información e fotografías algunhas delas publicadas nos medios de comunicación, sobre persoas que xa causaran problemas nas reunións da Corporación e deben “evitar que accedan ao Pleno”. Nembargantes, segundo fontes do propio 092, non hai orde de que se fagan cacheos, “é un procedemento que só se emprega nas detencións cando é posible que o sospeitoso esté armado”. Tampouco é posible que os axentes remexan nas bolsas que levan os veciños que queran entrar ás sesións “son os donos dos bolsos os únicos que poden coller ou sacar o que hai nas súas pertenzas, os axentes non estamos autorizados para facelo”. Sí que é certo que se pide aos veciños que se identifiquen e se toma nota dos números dos documentos e dos nomes e tamán que entre o público da sala hai axentes vestidos de paisano.

Estas medidas foron criticadas pola Federación de Asociacións Veciñais de Vigo “Eduardo Chao” que remitiulle, a través do rexistro telemático do Concello, unha carta ao Alcalde na que lle demanda que proceda á rectificación urxente das medidas que se teñen adoptado dun tempo a esta parte e que dificultan o acceso da cidadanía ás sesións plenarias.

Na misiva, o colectivo veciñal denuncia “filtros policiais obxectivamente excesivos, rexistros abusivos e a identificación no acceso”. Así mesmo, rexeita con especial énfase a recente prohibición de acceder ao Salón de Plenos a quen porte carteis ou a quen presuntamente participase dalgún incidente no desenvolvemento dun Pleno anterior, medidas que cualifican de “arbitrariedades fondamente antidemocráticas que vulneran dereitos fundamentais”.

 

También te puede interesar