Vigo al minuto

Ábrese o prazo para optar a postos de peóns, oficiais e capataces do Concello

A Concellería de Promoción Económica e Emprego, no marco do Plan Municipal de Emprego de 2008-2011, abre o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso de selección para os seguintes postos de traballo: peòns, oficiais e capataces.O programa de integración laboral está destinado a persoas en desemprego con necesidades económicas e sociais, para a realización de obras públicas e servizos de interese municipal.

Para a composición das Unidades de Traballo de obra para o ano 2011 ábrese o prazo de solicitudes para Capataces das especialidades: Construcción e xardinería forestal; Oficiais: Conductor e conductor palista, albanel-electricista, fontaneiro-forestal-xardineiro, carpinteiro metálico e peóns.

Os impresos de solicitude e as bases reguladoras da convocatoria, se recollerán na oficina de información da lonxa, nas oficinas do UTIL no Parque Central de Servizos na rúa Bagunda, 1, e na páxina web www.vigo.org apartado de Ofertas de Emprego. Máis información no teléfono do UTIL 986263068 e no 010 O prazo de presentación de solicitudes no rexistro xeral remata o vindeiro 21 de marzo de 2011.

 

También te puede interesar