Comarcas

Rehabilitar todo o Casco Vello de Baiona custaría 20 millóns de euros

Carta blanca aos propietarios de edificios no Casco Vello de Baiona para a súa rehabilitación. Trala declaración feita polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, os donos de vivendas nesta zona poderán acollerse ás axudas previstas para áreas de rehabilitación integran de centro histórico do Plan Vivenda: tendo en conta que na zona existen 709 vivendas e que a maioría precisa reformas o custe total da rehabilitación superaría os 20 millóns de euros, segundo un informe preliminar, dos que a metade serán achegados por administracións públicas.

As subvencións será a fondo perdido de ata o 75% do presuposto cun límite de 11.600 euros por vivenda, aínda que tamén se poderán acceder a préstamos a 15 anos con 3 de carencia sen subsidiación. A vivenda deberá ter máis de 10 anos e destinarse a residencia habitual trala reforma polo menos durante 5 anos ou ao alugueiro polo mesmo periodo. Ademais, estás axudas son compatibles coas que financia a Xunta, que outorga ata o 50% do orzamento cun máximo de 6.600 ou 8.600 euros dependendo do tipo de obras.

También te puede interesar