Agenda Cultura

Cen anos de teatro para o Festival Isto Ferve

Un mes de puro teatro no Ensalle grazas a catro compañías de longa traxectoria. O Festival Isto Ferve reunirá entre o 4 e o 27 de marzo a Provisional Danza, Magrinyana, Cambaleo Teatro e El Canto de la Cabra, teatro alternativo de compañías que seguen loitando por sacar adiantes as producións hoxe en día igual que o fixeron hai 25 anos. Prezos, de 7 a 9 euros, aínda que hai un bono para todo o festival por 24 euros. 

A programación comezará o venres 4 de marzo coa obra ‘A fondo’, de Provisional Danza, que vén de representarse en Xapón e da que se poderá gozar tres días (22 h venres e sábado, 21 horas o domingo). Cederalle o turno do 11 ao 13 de marzo a Magrinyana e ‘Dende a sombra/Bufóns e pallasos’, seguida de Cambalea Teatro e ‘El mapa no es el territorio’, que se levará a escea do 18 ao 20 de marzo. A última quenda será a de El canto de la cabra do 25 ao 27 de marzo, que representará ‘Tierra pisada, por donde se anda, camino’.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.