RGPD - Cookies
Galicia

Os teléfonos do 112 botan fume

Case 4.600 chamadas ao día, 1,65 millóns de chamadas ao longo de todo o 2010. O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia recibiu un 7,5% menos chamadas que reflicten un mellor uso do número de emerxencia que derivaron nun aumento do 11,8% de incidencias atendidas: 209.066 mobilizacións, a maior parte deles por incendios e salvamento (38,7%), traslados e consultas sanitarias (28,3%) ou requerimento de forzas da orde (21%).

A depuración dos sistemas de identificación, control e recepción de chamadas contribuíron á redución das falsas alarmas e dos avisos mal intencionados. Ademais, o número de consultas na páxina web aumentaron case un 150%, con case 2,8 millóns de visitas o ano pasado, relacionadas a meirande parte coa información que achega o mapa de incidencias e do tempo de Galicia.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou o índice de incidencias máis alto, con 81.451 intervencións, seguida de Pontevedra (72.082), Ourense (31.677) e Lugo (22.482). O resto das incidencias foron no ámbito doutras Comunidades Autónomas, destacándose as ocorridas en Asturias e Castela e León. En todas elas repítese o mesmo patrón en canto á tipoloxía dos incidentes rexistrados: primeiro incendios e salvamento, seguidos de traslados e consultas sanitarias, e requirimentos de forzas da orde.

También te puede interesar