Xuicio popular contra Corina Porro e os resopnsables da Autoridade Portuaria por “estragar as nosas rías”. É o que fixeron os preto de 4.000 participantes que esta mañá percorreron Beiramar entre a rotoda das áncoras en Bouxas e Laxe para protestar contra os recheos da Ría. Organizada polo colectivo A Ría non se vende, a marcha pretendía reivindicar que se recuperen praias e bancos marisqueiros , que se derruben os portod deportivos ilegais como o de Punta Lagoa, que se suspenda os proxectados como o de Massó, que se retiren os valados portuarios para que todo o mundo poda acceder libremente e que o Porto só se dedica a actividades portuarias e non á construcción nin á especulación urbanística.
O colectivo pretendía protestar polos 3 millóns de metros cadrados de recheo feitos en Vigo e por todos os edificios que se están a construir neles que nada teñen que ver coa actividade portuaria, como o edificio da Xunta ou o Centro Comercial A Laxe, dos que piden o seu derrubamento.