Destacados Vigo al minuto

Máis de 4.000 persoas xulgan a Porro polos recheos da Ría

Xuicio popular contra Corina Porro e os resopnsables da Autoridade Portuaria por «estragar as nosas rías». É o que fixeron os preto de 4.000 participantes que esta mañá percorreron Beiramar entre a rotoda das áncoras en Bouxas e Laxe para protestar contra os recheos da Ría. Organizada polo colectivo A Ría non se vende, a marcha pretendía reivindicar que se recuperen praias e bancos marisqueiros , que se derruben os portod deportivos ilegais como o de Punta Lagoa, que se suspenda os proxectados como o de Massó, que se retiren os valados portuarios para que todo o mundo poda acceder libremente e que o Porto só se dedica a actividades portuarias e non á construcción nin á especulación urbanística.

O colectivo pretendía protestar polos 3 millóns de metros cadrados de recheo feitos en Vigo e por todos os edificios que se están a construir neles que nada teñen que ver coa actividade portuaria, como o edificio da Xunta ou o Centro Comercial A Laxe, dos que piden o seu derrubamento.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.