Comarcas

Ponteareas non ten quen lle queira prestar cartos

Unha débeda de 2,3 millóns de euros con FCC pola recollida do lixo que ninguén está disposto a financiar. O BNG de Ponteareas asegura que caixas e bancos néganse a prestarlle cartos ao concello para financiar os impagos dun gasto corrente porque “non se fían da nefasta xestión de Solla”. O Concello terá que pagar uns intereses do 11%, o triple do prezo da financiación habitual dos concellos por mor da súa morosidade.

O aprazamento de 10 anos supón un incremento na débeda de 1,5 millóns de euros en intereses, o que, segundo o BNG municipal, “provocará a asfixia económica e en lugar de destinar os cartos a obras básicas como saneamento, pagaremos intereses de demora”.

You may also like