Destacados Vigo al minuto

Centos de vigueses protestan contra o ‘tarifazo’ das eléctricas

Tres cuartos de hora de protestas frente ás dependencias de Gas Natural-Unión Fenosa na Travesía de Vigo para rebelarse contra o prezo da electricidade. Un cento de persoas se concentraron ás portas baixo o lema ‘Non á suba da luz! Por un sistema tarifario socialmente xusto’ lanzando consignas reclamando ao goberno central que paralice a suba de arredor do 10% prevista para marzo. A Federación Veciñal Eduardo Chao, organizadora do acto, pedirá o vindeiro luns 28 de febreiro no pleno do Concello para pedir a todos os grupos que se impliquen.

You may also like