Deportes

A bici e á carreira por Salceda

Xa que a fin de semana vai vir bo tempo, nada mellor que pasala facendo deporte. O vindeiro sábado 26 de febreiro Salceda de Caselas acollerá a primeira Xornada de Duatlón Escolar, organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño coa colaboración da Federación Galega de Triatlón e do Concello de Salceda. En total, catro categorías (benxamín, alevín, infantil e cadete, en feminino e masculino en cada un deles) con probas que comezarán ás 16:30 horas na parroquia de Santa María de Salceda.

As probas variarán dependendo da categoría. Así, os que participen en benxamín terán que percorrer 500 metros a pé, outros 2.000 m en bici e un tramo final de 250 m á carreira. Na categoría alevín son 1.000 metros a pé, 4.000 en bici e outros 500 m a pé; na infantil son 1.500 metros á carreira, 6.000 en bici e 750 a pé; e en cadete serán 2.000 á carreira, 8.000 en bicicleta e outro quilómetro a pé.

También te puede interesar