RGPD - Cookies
Galicia

A falla de reformas no Congreso para adaptalo a personas con mobilidade reducida impide a Fraga facerse a foto cos deputados sobrevivintes do 23-F

Foto 23-F/Cortesía D.C.O Congreso dos Deputados non está preparado para persoas con mobilidade reducida. O presidente do Congreso, José Bono semella estar máis pendente da sucesión de Zapatero e dos novos móviles que de adecuar as instalación do Parlamento a Lei de Accesibilidade. A proba hoxe deulla o ex presidente da Xunta quen, pese a ser un dos líderes dos partidos políticos do 23-F e de estar retido hai 30 anos polo palimoco de Tejero dentro da Cámara, non pudo facerse a foto de familia no exterior do edificio do Congreso. Manuel Fraga, que ultimamente precisa de cadeira de rodas para desprazarse, non pudo acceder ao exterior para sair na instantánea, aínda que, por intervención do Rei sí saiu na que se fixo con Miquel Roca (CiU) Santiago Carrillo (PCE), Landelino Lavilla (Presidente do Congreso o 23-F) o presidente Zapatero, o ex presidente Felipe González (PSOE), Rojas Marcos (PA) e o mesmo Bono que, pese a todo aparecía sorrindo.

 

También te puede interesar