RGPD - Cookies
Comarcas

Igualdade rexeita, por sexista, a Caravana de Mulleres organizada polo Concello de Cervantes

caravanaNon lle gusta a idea e quere que o alcalde a retire. A Secretaría xeral da Igualdade ven de rexeitar a organización dunha ’caravana de mulleres’ en Cervantes, Lugo. A iniciativa, posta en marcha por Benigno Gómez para solucionar a falla de población do Concello foi calificada pola Xunta coma unha actividade que “reduce ás mulleres a cidadás de segunda categoría”. Nun comunicado, Igualdade salienta que a imaxe das mulleres e a súa presenza igualitaria en todos os eidos “mellorará a medida que a sociedade se implique na desaparición de estereotipos sexistas coma os que propón esta iniciativa”.

También te puede interesar