Destacados Vigo al minuto

Amigos da Terra denuncia a ampliación da praia da Punta

Da igual todos os esforzos que se fagan: a area da praia da Punta volverá desaparecer e colmatando o fondo da ría. Todo por retirar hai 10 anos o muro da escola militar da ETEA, que era o que impedía que a area circulase e o que formou unha praia onde non existía. Agora Amigos da Terra denunciará ante a Demarcación de Costas ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, polo impacto ecolóxico e económico da súa pretensión de volver a cometer o erro de crear unha praia onde non existe.

A asociación ecoloxista alerta de que o problema volverá a repetirse a pesares da intención de Costas de construír un novo espigón para mellorar o aspecto da praia tras o fracaso da achega de area do pasado verán, cando se verquiron toneladas de area para ampliar a praia e que só contribuíu a «sepultar aínda máis os bancos marisqueiros».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.