Comarcas

Os cidadáns de Arbo seguirán pagando o canon da auga

En dous plenos seguidos rexeitou o PP de Arbo a moción presentada polo BNG para a retirada do canon da auga recollido no proxecto de lei de augas de Galicia. Unha oposición á idea que comezou en canto se rexistrou a moción, xa que a pesares de ser presentada hai máis de seis meses, o PP non lle deu luz verde ata agora. A moción pedía que non pagara canon a xente que fixo a súa propia traída de auga, pagada do seu bolsillo, ou que teñen pozo propio.

O BNG porá en marcha unha campaña informativa que comezará o vindeiro sábado 19 de febreiro ás 20 horas no sindicato de Turbela, onde Xavier Simón, voceiro municipal, informará aos usuarios das consecuencias da nova normativa e das accións que se poden realizar para defender os intereses das traídas veciñais.

También te puede interesar