Cultura Vigo al minuto

A Tenencia de Alcaldía limita a asistencia de vigoalminuto a estrea de ‘Novo Vigo Vello’

Correo remitido, hoxe, a vigoalminuto pola responsable de prensa da Tenencia de Alcaldía
Correo remitido, hoxe, a vigoalminuto pola responsable de prensa da Tenencia de Alcaldía

Trala aparente aposta do Tenente de alcalde polas novas tecnologías e as redes sociais, hai outra realidade. Parte dela é a limitación nas acreditacións para cubrir a estrea do documental ‘Novo Vigo Vello’ a este medio polo feito de seres un medio dixital…ou se cadra por que non nos facemos eco de todas as novas que se difunden dende as áreas de goberno do Bloque no Concello, ou non asistimos a convocatorias tan ‘interesantes’ para os veciños coma a visita do tenente de alcalde ás carrozas dos Reis Magos, ás obras do Paseo de Alfonso, a súa participación no sorteo da Copa do Rei de balonman, a entrega de subvencións a clubes deportivos ou a un paseo pola zona comercial do Calvario.

Esta mesma maña, ás 09:50 h.,dende o departamento de prensa da Tenencia de Alcaldía, mandábase unha convocatoria para cubrir a mencionada estrea que decía, textualmente “como sabedes , mañá as 20:00 h no Centro Social Novacaixagalicia estréase a longametraxe-documental ‘Novo Vigo Vello’ coa presenza do actor Luis Tosar. Debido a cuestións de espazo preciso saber ao longo da mañá de hoxe se tedes previsto cubrir o acto para asignarvos asento. Reservaremos lugares para prensa só a aqueles medios que confirmen a súa asistencia, porque a estrea espertou un grande interese e temos que axustar moito as confirmacións”.

Este medio confirmou ás 10:27 horas que cubriría o evento cun redactor e un fotógrafo ao cal, dende o departamento de Prensa da Tenencia de Alcaldía respostouse, sen ter aínda confirmación da asistencia do resto dos medios, o seguinte “Como vos decía no anterior correo temos bastantes problemas de espazo, polo tanto só poderes reservarvos unha praza. No voso casó é habitualmente o redactor a mesma persoa que fai as fotos. Decídeme, por favor cal das dúas acudirá”. Tras asegurar que nesas condicións non cubriríamos o a acto, a responsable de comunicación da Tenencia de Alcaldía, organismo que depende do Concello de Vigo, que é unha institución pública e non privada, respostounos “Só terán posibilidade de dous pases as televisións e medios escritos que habitualmente empregan redactor e gráfico”.

Nos casi dous anos de vida de vigoalminuto, acudimos a recepcións e convocatorias de miembros do Goberno de España, Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, da Casa Real, Xunta de Galicia, entre elas a toma de posesión do presidente Feijóo no Parlamento de Galicia, visitas de ministros, a derradeira a de José Blanco, responsable do Ministerio de Fomento, hai dous días, e xamais tivemos limitación algunha para acreditar a dúas persoas: un redactor e un fotógrafo, eso sí: facendo uso da noso dereito á liberdade de información, só acudimos a aquelas que, dacordó co noso criterio profesional, entendemos que son de interese para os nosos lectores, entre as cales, non están, nen paseos polo Calvario, nen visitas a carrozas reais nen fotos ‘chundachundeiras’ de entregas de talóns a clubes deportivos.

También te puede interesar