Destacados Galicia

Profesores da UVigo dan clases de comunicación aos políticos

Habilidades de comunicación, de imaxe, de oratoria, telexenia, técnicas persuasiva… Non hai truco que valla cando o que está en xogo e o asento da alcaldía. Conscientes da necesidade de dominar as técnicas de comunicación, coas eleccións á volta da esquina non hai político que non queira coñecer todos os segredos. Para botarlles unha man Emma Torres e Xosé Rúas, profesores da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo que colaboran na Escola de Formación do Partido Socialista impartindo cursos intensivos aos alcaldables en xestión estratéxica das campañas e en comunicación.

Pero cando iso non é suficiente e a curiosidade pica a moitos polo camiños, estes profesores xunto con Juan Corbacho participarán esta semana no ciclo de conferencias ‘Política do século XXI’, nas que tratarán desde as diferentes técnicas de interacción para achegar a política aos cidadáns de xeito máis ameno, a importancia do asesoramento ou incluso das novas tecnoloxías, sobre todo no traslado da imaxe dos políticos a internet e as redes sociais. Porque non é o que dis senón tamén como o dis. A diferencia pode ser estar dentro do Goberno ou na oposición.

You may also like