Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Non te fíes: as prantas nos invaden

Os carpobrotus invaden as illas Cíes.
Os carpobrotus invaden as illas Cíes.

Duvi/Vías de comunicación a nivel mundial, comercio de especies ornamentais, novos cultivos… son moitas as causas que están detrás da introdución de flora foránea nos ecosistemas propios. Moitas destas plantas, pola súa capacidade de adaptación e de expansión acaban converténdoas en invasoras que ameazan a biodiversidade e provocan graves danos nas zonas de expansión. A consideración desta situación como un problema grave é relativamente recente e os investigadores reclama unha maior sensibilización para poder atallar un problema cunha solución moi complexa que pasa inevitablemente pola prevención.

Para que estas estratexias de freo sexan verdadeiramente efectivas é preciso que todos os grupos de investigación e organismos que traballan neste eido o fagan dun xeito coordinado que permita a comparación de resultados e metodoloxías. Con este obxectivo nace a 1ª Reunión Ibérica sobre Plantas Invasoras que se celebrará en Vigo no mes de maio, entre os días 12 e 14, e na que se darán cita investigadores que representarán a maior parte dos grupos de España e Portugal. O abandono do campo nas últimas décadas en boa parte de Galicia foi outro condicionantes para o aumento destas expansións alóctonas, xa que “co campo traballado e coidado estas plantas non teñen capacidade para ocupalo”. Outro exemplo é o dos carrizos da Pampa ou plumeiros que adoitan sementarse nas medianeiras das autoestradas, unha especia invasora que está controlada e non é quen de estenderse.

A prevención é fundamental, xa que cando unha especie con capacidade invasora comeza a estenderse e se adapta ao novo ecosistema resulta case imposible erradicala, ano a ano elimínanse mimosas ou acacias de moitas zonas de Galicia e, “na primavera seguinte, vólvese ao estado inicial”. E cando a prevención xa quedou atrás, as medidas non poden ser xenéricas: “deben adoptarse medidas específicas para cada espazo dependendo da súa gravidade, extensión e especies afectadas”. Existen zonas especialmente sensibles como os parques naturais polo complicado equilibrio dos seus ecosistemas. Como exemplo, nas Illas Cíes a loita está centrada na carpobrotus que, a pesar de estar case erradicada, volve a xurdir en pouco tempo. As zonas dunares son outro dos focos de atención no que á loita contra as plantas invasoras se refire.

También te puede interesar